Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
APRAZAMENTO XABARIL
O equipo formado por Martín, Antonio e Javier Dopazo gañadores da IV edición da proba de Aprazamento a Traela de Xabaril de Monte
17/4/2012

A proba congregou a 20 equipos e disputouse no concello pontevedrés de Pazos de Borbén

O pasado sábado día 14 de abril disputouse en Pazos de Borbén a IV edición da Proba de Aprazamento a Traela de Xabaril de Monte. Unha proba pioneira a nivel nacional e que congregou a 20 equipos compostos por 3 monteiros cada un e que se desenrolou nos Tecores de Pazos de Borbén, Gargamala-Traspielas, Fornelos de Montes, Mondariz, Soutomaior e Ribadetea-Padróns. A organización da proba correu a cargo da Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de ditos Tecores mencionados anteriormente.

Un total de 60 monteiros se concentraron as 7:30 horas da mañá do pasado sábado para participar nesta proba. Unha competición na que prima a rapidez e efectividade no aprazamento do xabaril do monte rastrexando en equipos de 3 monteiros con cadanseu can atrelado.

As condicións climáticas non apuntaban ao optimismo xa que unha intensa choiva durante a noite anterior e toda a mañá puxo as cousas moi complicadas a cans e monteiros. Pero, unha vez máis, quedou demostrado o bo nivel en rastro que posúe a nosa comunidade sendo moi numerosos os apraces efectivos que se conseguiron entre os equipos participantes.

Foi o equipo composto por Martín, Antonio e Javier Dopazo o que realizou o aprace máis axiña sendo as 9:09 horas, co cal acadou o primeiro posto desta IV edición. En segundo posición situouse o equipo composto por Gerardo Álvarez, Daniel Cochón e Gonzalo Cores ás 9:16 horas. Completou o pódium o equipo de Germán Pose, Adolfo Vázquez e Luis Miguel Conde as 9:18 horas.

A guinda a esta proba de rastro de xabaril púxoa un xantar de irmandade entre participantes, presidentes de sociedades, xuíces e autoridades. Entre as autoridades que compartiron mantel atopábanse Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, Juan Ángel Alonso Pérez presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra e Roberto Carlos Costa Tellado, secretario da FGC en Pontevedra e principal promotor e organizador desta novidosa e exitosa proba de Rastro de Xabaril.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza