O RSS e un formato sinxelo de datos empregado para refundir os contidos dunha páxina web (como novas, artigos e outras publicacións) para poder visualizalos sen visitar a páxina web orixinal e incluso sen necesidade de empregar un navegador web. Os contidos difúndense a través dun arquivo chamado fonte RSS.
Suscribirse a fontes RSS permite recibir as actualizacións e novidades de diversas páxinas webs, sen necesidade de visitalas unha a unha, nun único medio chamado lector de RSS. Estes lectores poden ser outra páxina web (servizos como Google Reader) ou unha aplicación instalada no ordenador (FeedReader, RSSOwl...), aínda que hoxe en dia a meirande parte dos navegadores web xa posúen un lector RSS integrado.
A publicación RSS permite tamén incluír fácilmente o contido publicado nunha páxina web en outra web externa, para amosar de xeito actualizado novas ou outras publicacións sen necesidade de duplicar o seu contido.
|