Para federar unha Sociedade ou asociación, deben dirixirse en primeira instancia á Federación Provincial que corresponda pola súa ubicación xeográfica. Nas nosas oficinas facilitaráselle todo tipo de información e a documentación necesaria para afiliarse á Federación e inscribirse ao mesmo tempo no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia (modelo de estatutos, impreso de instancias, etc.). A cota anual é de 100,00 €uros por sociedade.
¿Por qué Federar unha sociedade?
- As Sociedades ou asociacións de Caza e os propios cazadores teñen á súa disposición unha ASESORÍA XURÍDICA, a cargo dunha avogada experta en problemas cinexéticos, que os asesora gratuitamente.
- Servizo de tramitación de LICENCIAS DE CAZA a través do que se xestionan as Licencias de Caza para calquera Comunidade Autónoma do estado, sen ter que pagar ningunha sobretaxa.
Tódalas Federacións Provinciais contan cunha Autorización Especial de Telecomunicacións, ofertando así aos seus afiliados un SERVICIO DE LICENZAS DE USO DE EMISORAS, con varios canais de comunicación.
- A ESCOLA DE CAZA realiza periodicamente cursos para a formación de cazadores, directivos de sociedades ou asociacións, e profesionais relacionados coa Caza (Responsables de Tecor, Responsables de Cacería, Lexislación de Caza, Tiradores Expertos, Guías de Axexo, Gardas de Campo de Caza para Tecor, Xornadas de Caza e Comunicación, Prevención de accidentes, etc.). A Escola de Caza é itinerante e tamén realiza anualmente Cursos de formación e reciclaxe de xuíces e árbitros das diferentes disciplinas deportivas, así como Cursos de iniciación ás diferentes modaldiades deportivas.
- Representantes da Federación Galega e Provinciais forman parte dos COMITÉS PROVINCIAIS E GALEGO DE CAZA, defendendo a postura e dereitos de tódolos cazadores, tanto na elaboración das Ordes de Vedas anuais como na resolución de problemas que de cotío se presentan no eido cinexético.
- Desde a Federación tramítanse SEGUROS DE RESPONSABILIDADE CIVIL PARA OS TECORES, buscando a mellor solución e oferta para cada caso concreto, contando cunha Entidade Aseguradora de gran solvencia, adicada unicamente ós Seguros de Caza, (Mutuasport), así como con concertos con outras compañías privadas.
- Infórmase puntualmente ás sociedades da publicación das diferentes ordes de AXUDAS E SUBVENCIÓNS, tanto da Xunta de Galicia como dos Organismos Provinciais, asesorándoas na tramitación das mesmas.
Trimestralmente tódalas Sociedades de Caza reciben, de xeito totalmente gratuíto, a revista GALICIA CINEXÉTICA administrada pola Federación Galega de Caza. Nesta revista poden participar os propios cazadores remitindo artigos, fotografías, consultas, ofertas cinexéticas, etc.
- A FGC conta con OFICINAS FEDERATIVAS EN TÓDALAS PROVINCIAS, ademais da súa sede central en Santiago de Compostela, conectadas a través dunha rede virtual que permite a transmisión de información en tempo real entre as distintas oficinas, todas elas atendidas por persoal altamente cualificado, posibilitando aos cazadores e asociacións realizar calquera trámite ou xestión en calquera das provincias galegas, sen necesidade de acudir á Federación de residencia.
- A Federación dispón da PÁXINA WEB www.federaciongalegadecaza.com, actualizada permanentemente por persoal informático da propia Federación, onde os cibernautas atoparán ámplia información e documentación relacionada con tódolos aspectos cinexéticos e deportivos. Desde ela os cazadores poderán realizar trámites online, remitir consultas ás que se responde desde a propia web, e mesmo participar na sección a túa opinión conta..
- Como alternativa á caza tradicional, existen as COMPETICIÓNS DEPORTIVO-CINEXÉTICAS –competencia exclusiva da Federación- nas que poden participar os deportistas federados, nas diferentes fases (Campionatos Provinciais, Galegos, Semifinais, Campionatos de España e Internacionais) e modalidades (Paxariles, Pecorridos de Caza, Compak Sporting, San Huberto, Cans de Parada-Caza Práctica, Cans de Rastro sobre coello, Rastro de Xabaril, Caza Menor con Can, Arceas, Raposo, Percorridos de Caza con Arco, Caza con Arco ó Voo, Cetraría nas modalidades de Baixo Voo e Sky Trial, Agility e Field Target). Aqueles deportistas que se clasifiquen nos diferentes campionatos provinciais representarán á súa provincia no Campionato Galego, e a selección provincial contará coa inscricións gratuíta. Os concursantes que se clasifiquen nos diferentes Campionatos Galegos acudirán ás Semifinais e Campionatos de España subvencionados pola Federación Galega, e no caso de clasificarse para formar parte da Selección Española participarán nos Campionatos Internacionais (Campionatos de Europa e/ou Campionatos do Mundo) tamén subvencionados.
- Os representantes das sociedades ou asociacións, os cazadores federados, e os xuíces e árbitros, tal e como establecen os vixentes Estatutos federativos, teñen DEREITO A ELIXIR OU SEREN ELIXIDOS PARA OS ÓRGANOS DE GOBERNO E REPRESENTACIÓN DA FEDERACIÓN. Dentro do organigrama federativo (Asemblea Xeral, Comisión Delegada, Presidente, Xunta Directiva, Comisión Executiva, Secretario Xeral, Tesoureiro) existen diversos órganos técnicos e asesores (Comité de Disciplina Deportiva, Comité de Xuíces e Árbitros, etc) entre os que merece especial mención o Comité de Conciliación e Mediación, que ten por obxecto mediar ante conflictos, intentando un achegamento das partes, antes de instruír expedientes disciplinarios.
A CAMPAÑA COMPARTIR CAZA, pon a disposición dos cazadores a posibilidade de exerce-la caza en diferentes tecores de Galicia a través de tarxetas diarias ou de tempada, para cazadores non socios. Con elo foméntase a mobilidade de cazadores das zoas urbanas, mesmo de fóra de Galicia, ao rural coa correspondente contribución á xeración de recursos, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento das zoas rurais e ao turismo rural. Para elo, elaborouse unha base de datos na que se recolleron tódalas sociedades de caza que se suman a este proxecto, e que os cazadores, de xeito virtual –a través da páxina web da federación-, poden consultar e busca-la posibilidade que máis se lle achegue.
A Campaña CAZA SEGURO PARA CAZAR BEN impulsada desde a Federación e coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente pretende a concienciación dos cazadores sobre as necesarias medidas de seguridade na caza. Esta iniciativa reparte chalecos de seguridade “reflectantes” aos cazadores a través das súas respectivas sociedades de caza; así como tablillas sinalizadoras de advertencia “atención cacería”.
- Os ENCONTROS POLA CAZA foi tamén outro dos últimos proxectos levados a cabo, con carácter itinerante por toda Galicia. Os encontros pola caza ten por obxectivo servir de foro de debate e lugar de encontro onde se aborden os temas máis importantes e de maior preocupación para o presente e futuro do deporte cinexético galego. As súas conclusións, consensuadas e compartidas por todo o colectivo, marcarán as pautas a seguir nas futuras actuacións da Federación.
O OBSERVATORIO DA CAZA ten por finalidade o estudo en xeral de distintos aspectos da caza, e nel participan técnicos e científicos que estudian e evalúan os diferentes aspectos sanitarios e socioeconómicos.
- O observatorio sanitario está a realizar análises da triquinosis nas diferentes especies, así como recollida de animais mortos ou enfermos para coñece-la súa causa.
- O observatorio socioeconómico, publica e actualiza periódicamente o ESTUDO SOCIOECONÓMICO SOBRE A CAZA E O PERFIL DO CAZADOR EN GALICIA, primeiro destas características en toda España.
A iniciativa CLUBE DE DESCONTOS establece unha rede de establecementos adheridos que ofrecen descontos nos seus productos e servizos aos cazadores federados. Clínica veterinarias, psicotécnicos, armerías, hoteis, tendas de alimentación canina, etc. son algúns dos negocios que xa forman parte desta rede.
- Elaborouse un PLAN DE RECUPERACIÓN DA CAZA MENOR promovido pola Federación Galega de Caza, coa participación de técnicos, investigadores, e federativos, de onde sairon as Bases dun Plan para a Recuperación das poboacións de coello de monte e perdiz rubia de Galicia. O proxecto concluíuse coa edición dun cadernillo e dun DVD explicativo, que pretende servir como ferramenta de axuda para as sociedades de caza.
|