Utilizamos cookies de terceiros (Google Analytics) para rexistrar estatísticas de acceso a esta páxina.
Podes obter máis información visitando a nosa Política de Cookies.

Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza
07/04/2025

Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza

O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 6 de abril, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Con máis de 60 tiradores inscritos comenzaba esta fase provincial a 100 pratos con diferentes traxectorias e distancias de tiro. Un campionato no cal as marcas non foron moi elevadas debido, a bo seguro, á falta de rodaxe dos tiradores nestas primeiras probas da tempada de tiro. 

O campión da Clasificación Xeral e tamén campión provincial foi o senior Antonio Iglesias Otero que rematou o percorrido con 92 pratos. O segundo clasificado e, ata onte, vixente campión provincial foi Daniel Cebreiro García que rematou a tirada cun total de 89 pratos escachados. Con tamén 89 pratos, a medalla de bronce da xeral e provincial era para Rubén Boquete Varela. 

Na categoría Senior o segundo mellor clasificado era José Suárez Rodríguez con 81 pratos. O bronce era para o tirador lucense Vicente Insúa López con 79 pratos. José Luis Sánchez Mancebo era o terceiro clasificado do provincial con tamén 79 pratos.

En Veteranos o primeiro posto era para Antonio Castro Ferreiro con 78 pratos. Eliseo Faraldo Fernández e Manuel Magide López eran o segundo e terceiro clasificados, con 68 e 52 pratos respectivamente.

Na categoría de Máster o mellor clasificado era José María González Rodríguez con 64 pratos, en Adaptados o campión era Artemio Formoso Barro con 79 arxilas e en Iniciados o primeiro posto era para Francisco Roquete Caamaño con 60 pratos.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda

TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO
31/03/2025
Arqueiros no Trofeo Concello de Soutomaior


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza