IV Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe
O pasado 30 de marzo desputouse unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe. Monteiros e cans desprazáronse ata a localidade pontevedresa de Codeseda para desfrutar dunha xornada de rastrexo do porco bravo.
Baixo a organización da Sociedade de Caza Río Umia e coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra, Concello da Estrada e o Tecor de Forcarei desputouse esta proba na que o Delegado Nacional de Rastro de Xabaril, Oscar Meijide, foi o Director da mesma.
Na fase final, desputada polos dous mellores monteiros de cada campo, o campión foi Rubén Gómez Ferreiro que participou co can “Sil” e obtivo unha puntuación de 239 puntos.
En segunda posición remataba Manuel Rodríguez Aspera con “Ivar” e 200 puntos.
O bronce era para Miguel Villar Loureiro co can de nome “Chester” e 197 puntos.
Esta proba contou co patrocinio e colaboración de Pensos Os Bichoucos, Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.