Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA GALICIA SAN HUBERTO
Jorge Martín acada o primeiro posto en Fisterra
3/4/2012

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado sábado 31 de marzo disputouse no Tecor Arasolis, sito no concello de Fisterra, o  III Campionato de San Huberto Cabo Fisterra organizado pola Sociedade de Caza Fisterrana e o Concello de Fisterra, contando coa colaboración da Federación Galega de Caza.

A esta proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade acudiron un total de 19 participantes divididos nos seus respectivos campos e xulgados polos xuíces Ramón Bertoa, Manuel Rebordelo e Jaime Aneiros.

A boa climatoloxía reinante acompañou durante toda a xornada e unha vez rematada esta o Director da Proba, José Canosa Senlle, deu a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: O 1º posto foi para Jorge J. Martín Sánchez co can “Fío da Chousa” (P.M) acadando un total de 68 puntos. Na segunda posición situouse Juan José Canosa Vigo coa cadela “Beta da Chousa” (P.F) e 63 puntos. Xa en terceira posición remataba José L. Tarrío Prieto con Yelo (S.I.M) e un total de 48 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza