Con motivo da convocatoria dos Premios ao Deporte Galego da tempada 2010-2011 da Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Caza ven de propoñer a esta institución os seus candidatos para a presente edición.
O obxectivo destes premios é recoñecer a aquelas persoas, entidades, clubs, empresas, medios de comunicación, etc., que se teñen implicado no progreso do deporte na comunidade galega. Como federación deportiva galega, a FGC ten a responsabilidade de elixir aos seus candidatos a estes importantes premios.
É de recibo destacar a excelente actuación de tódolos deportistas cinexéticos galegos nesta tempada onde se acadaron multitude de medallas a nivel nacional e internacional en diversas disciplinas, o que pon de relevo a excelente forma na que se atopan os nosos deportistas, así como a dificultade para escoller aos mellores candidatos en cada apartado.
Así pois, repasados tódolos resultados desta pasada tempada, a Federación Galega de Caza decidiu propoñer aos seguintes deportistas:
DNA. MARIA LUÍSA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Campiona Galega e de España de Percorridos de Caza con Arco, na categoría de Arco Asistido
D. ÁNGEL MOSQUERA RODRÍGUEZ
Campión Galego e de España de Compak Sporting e de Percorridos de Caza, na categoría Superveteranos
D. ARTEMIO FORMOSO BARRO
Campión Galego e de España de Compak Sporting e de Percorridos de Caza, ademais de Campión do Mundo de Compak Sporting, na categoría de Handisport
EQUIPO FEMININO SOCIEDADE CAZARCO
Campión Galego e de España de Percorridos de Caza con Arco, nas categorías de Arco Asistido e Arco Tradicional
CUADRILLA SAN SALVADOR DE ESCUADRO
Subcampión da Copa España de Caza de Raposo
D. SERAFÍN FONTENLA FERNÁNDEZ
Xuíz Internacional de San Huberto e Xuíz Nacional de Cans de Parada
“RIOS E MONTES” (RADIO GALEGA)
Programa divulgativo sobre caza e pesca
SOCIEDADE DEPORTIVA RIO SAR
Organizadora do XXXVI Campionato de España de Percorridos de Caza
FOGA S.L.
Empresa de solucións informáticas, colaboradora da FGC
D. VICTOR VILLAR FERNÁNDEZ
Campión de España e do Mundo de San Huberto na categoría Springer Spaniel
CONCELLO DE PONTE CALDELAS
Anfitrión e colaborador da Copa España de Caza de Raposo 2011