Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XORNADA ASOCIACIONISMO
O persoal da FGC ven de traballar nun taller de captación e fidelización de socios
14/12/2011

Unha representación do persoal de tódalas oficinas da Federación Galega de Caza participaba o pasado martes 13 de decembro, nun Taller sobre a Captación e Fidelización de socios, organizado pola Real Federación Española de Caza, ao que asist&´an preto de 30 representantes das diferentes federacións autonómicas.

As xornadas, impartidas por Korazza, club exclusivo para executivos de asociacións, tiñan por obxecto motivar aos executivos e técnicos no desempeño do seu labor, así como valora-la importancia de estar unidos para acada-lo éxito da institución.

Durante a maratoniana xornada, que comezaba ás 9,30 horas e remataba arredor das 8 do serán, realizouse unha análise en profundidade dos diferentes problemas económicos e de xestión que afectan ao colectivo cinexético, e púxose de manifesto unha vez máis a importancia da caza dentro da economía nacional, representando na actualidade preto dun 5% do PIB.

Os coñecementos adquiridos durante este taller trasladaranse, unha vez remate a segunda parte do mesmo, a tódalas sociedades de caza federadas de Galicia co obxecto de motivar e formar aos seus dirixentes no exercicio do seu labor.´
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza