Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MANIFESTO XUNTA GALICIA
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte
02/03/2025

O ocorrido o pasado 15 de decembro no pavillón de Vilalonga entra a formar parte da historia negra de Galicia. A morte de Andrés Rico, un afeccionado que ía ver arbitrar ao seu neto, é un dos acontecementos máis tráxicos do noso deporte que non se debe, que non se pode, volver repetir baixo ningún concepto.

Este manifesto institucional en contra da violencia lese esta fin de semana en todos os campos, estadios e pavillóns de Galicia. É un manifesto difundido polas 59 federacións galegas a todos os clubs, que conta coa vontade de lembrar a urxencia de que todos, absolutamente todos, debemos actuar de forma firme e unida ante a violencia.

Unha de cada tres desas licenzas deportivas galegas corresponden a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. As afeccións debemos ser as primeiras en dar exemplo á nosa mocidade para que comprendan que o deporte é un espazo de comuñón e amizade, non de separación e odio.

O deporte é moito máis que unha actividade física. Dende a Xunta de Galicia cremos nun deporte plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, xerador de noticias, formador, igualador, motor de cambio social e tamén axente económico determinante.

Para acadar este deporte, resulta imprescindible que eliminemos calquera manifestación da violencia.

As administracións e entidades responsables da xestión do deporte reforzaremos a nosa atención e os nosos mecanismos ante a violencia pero, a repulsa e a condena ante esta lacra debe ser unánime.

A loita contra a violencia é un partido que xogamos todos.

E que se libra día tras día.

Nas oficinas, nos campos, nas bancadas e no interior das nosas casas onde educamos aos nosos fillos/as.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza

CENSADORES
14/02/2025
Censado de arceas dentro do "Proxecto Arcea" da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza