A proba desputouse no Tecor ourensán de Xinzo de Limia
Os pasado días 29 e 30 de outubro desputouse o Campionato Galego de Cetrería nas modalidades de Sky Trial e Baixo Voo, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Galega de Cetrera e a Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.
Na disciplina de Sky Trial concursaron un total de 11 participantes sendo Roger Domínguez cun total de 122 puntos o campión da proba e polo tanto novo campión galego da especialidade. En segunda posición situouse Roberto Fagundez con 82,5 puntos, e xa na terceira posición clasificábase Lucas Boubeta con 73 puntos.
Na especialidade de Baixo Voo nesta ocasión e por primeira vez fíxose diferenciación entre Azores e Harris pero que competiron na mesma categoría, e decir, en Baixo Voo. O azor de Dolores Abella foi o que maior puntuación acadou, cun total de 104,5 puntos, converténdose deste xeito na nova Campiona Galega da especialidade. Foi Pepe Boubeta tamén cun azor o que con 88 puntos acadaba o subcampionato. O terceiro caixón do podio foi ocupado por Manuel Comesaña cunha puntuación de 81,5 puntos.
Sen ter repercusión no Campionato Galego, tamén se voou por segundo ano, a modalidade de Pequenas Aves, na que Raúl Martínez foi o que con 100,5 puntos acadou a maior puntuación.