Analizouse o borrador da nova Lei de Montes.
O pasado mércores, 26 de outubro, reuníanse na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, os membros da xunta directiva e da comisión delegada.
Durante a xuntanza abordáronse, entre outros temas da orde do día, a modificación do orzamento federativo, así como a modificación do calendario e normativa das modalidades de caza menor e arceas.
O calendario das últimas competicións cinexéticas do ano, quedaba do xeito seguinte:
OUT 29 2011 |
Cptos Provinciais de Caza Menor das provincias de Lugo e Ourense (Xesteira e Xinzo, respectivamente) |
NOV 5 2011 |
Cpto Provincial de Caza Menor da Coruña (Coristanco) |
NOV 12 2011 |
Cpto Provincial de Caza Menor de Pontevedra (Armenteira) |
NOV 19 2011 |
Cpto Galego de Caza Menor con Can (Tordoia – A Coruña) |
NOV 26 2011 |
Campionatos Provinciais de Arceas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra |
DEC 3 2011 |
Campionato Galego de Arceas |
DEC 10 2011 |
Campionato de España de Caza Menor (Zaragoza) |
DEC 18 2011 |
Campionato de España de Arceas (Aragón) |
No referente á normativa de ámbalas dúas modalidades, unicamente se modifican os apartados 7 e 10 das normas aprobadas pola asemblea xeral do pasado mes de xuño, para adaptalas ao novo Regulamento da RFEC, así os deportistas que completen o cupo de pezas establecido pola organización poderán entrar no control a calquera hora, mentres que aqueloutros que non o superen ou non cobren pezas non poderán facelo ata que leve transcorrido a metade da proba; e no caso de empate clasificarase aquel participante que entrase antes no control.
Falouse tamén do proxecto da nova Lei de caza de Galicia, no que a Federación Galega de Caza ten previsto participar cando se abra o período de alegacións, no caso de que o novo texto lexislativo non recolla as demandas do colectivo de cazadores.
Tamén se debateu sobre o borrador da Lei de Montes de Galicia, no que non se recolleron practicamente as alegacións presentadas polo ente federativo, acordándose reiterar ante o órgano competente as emendas dos cazadores Galegos.