Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR
Un inicio marcado polas elevadas temperaturas
18/10/2011

Os datos de campo recollidos en tódalas comarcas amosan algunhas diferencias respecto das primeiras previsións.

Xa é unha realidade, o arranque da tempada xeral de caza 2011/2012 xa é un feito despois da xornada dominical do 16 de outubro.

Cazadores e cans desfrutaron da primeira xornada cinexética de menor, que sen dúbida nestas primeiras xornadas estará marcada pola sequedade do terreo é unhas temperaturas pouco habituais para este mes do ano.

A xornada do domingo desenrolouse sen imprevistos e moitos dos cazadores galegos poideron desfrutar dos primeiros lances cinexéticos, lances que se produciron na súa gran maioría nos primeiros compases do día cando as condicións climáticas os facían máis favorables. Na segunda parte da xornada a falta de estado de forma de cans e cazadores e a sequedade do terreo, fixeron que as perchas non foran tan amplas como as acadadas nas primeiras horas.

Temos que decir que en xeral foi un bo inicio da tempada en canto a número de pezas abatidas e avistadas, tendo en conta a precariedade da caza menor e as condicións climáticas mencionadas anteriormente que foron un importante lastre para cans e cazadores. En xeral tamén se virón diferencias en canto aos resultados acadados nos diferentes Tecores dependendo en gran medida da xestión realizada polas sociedades de caza

Previsión da tempada

Segundo as enquisas realizadas en tódalas comarcas de Galicia, a través dos diferentes tecores, as previsión para o periodo da caza menor son semellantes ás da última tempada. No conxunto da Comunidade Autónoma, nótase un repunta da lebre e do raposo; mantéñense nos mesmos niveis do ano anterior a perdiz,   faisán, e paspallás; e o coello refire diferentes poboacións segundo a provincia da que se trate principalmente por mor das enfermidades (mantense en Lugo e Pontevedra, baixa en Ourense e aumenta na Coruña).

De tódolos xeitos haberá que agardar a ve-los resultados das próximas xornadas e a que a climatoloxía se estabilice, adaptándose á época do ano que corresponde, para facer unha valoración máis obxectiva, pois  seguramente influenciados polos factores meteorolóxicos, os datos recollidos durante a primeira xornada de caza diferen das valoracións previas realizadas antes a apertura da veda. Así no caso de Lugo e Ourense que semellaba un repunte da Perdiz, a realidade cinexética é ben distinta, pois os censos indican que en Ourense disminúe mentres que en Lugo se manten. Nas provincias atlánticas as estadísticas do primeiro día de caza confirman as avaliacións realizadas (mantense en poboacións semellantes ás da última tempada).

En canto ao Coello o traballo de campo tamén amosa diferencias con respecto ás primeiras previsións que referían unha tendencia a alza en tódalas provincias agás na de Pontevedra onde se mantiña;  segundo os datos estadísticos recollidos só se aprecia unha tendencia á alza na provincia da Coruña mentres que en Ourense disminúe, e en Lugo e Pontevedra mantense.

No referente á Lebre, os censos da primeira xornada tamén nos amosan unha situación diferente á prevista que semellaban un repunte na Coruña e datos similares aos do último periodo no resto das provincias, sen embargo esta especie aumenta en toda Galicia agás en Ourense onde se nota unha tendencia á baixa.

Respecto ao Raposo os censo indican un aumento en todo o territorio agás na provincia de Pontevedra onde se manten; mentres que o Faisán refiere unha tendencia á baixa en Ourense e mantense no resto.

E por último, as poboacións de  Anátidas (patos e parrulos), Rálidas (cerceta e galiñola), Colúmbidos e Córvidos (pomba, corvos, pombos, rula, pega), Túridos (tordo e estornino),  aumentan no seu conxunto; mentres que  se manteñen os Láridos e Límícolas (gaivota, agacha, e avefría), nembargantes para coñece-la situación da Arcea deberemos agardar a que baixen as temperaturas no norte e centro de Europa.

Coñeza os resultados completos desta valoración

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza