Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DE NOVO AO MONTE
O domingo escomenza a tempada de caza en toda Galicia con nubes e claros nas previsións cinexéticas
13/10/2011

O vindeiro domingo arranca a tempada para os afeccionados da caza menor, pois os de caza maior xa veñen realizando ganchos e monterías desde o 20 de agosto. Ante o inicio dunha nova tempada a Federación Galega de Caza ven de poñer en marcha unha nova campaña de Seguridade na Caza, mediante a publicación do Decálogo de Seguridade, os dez mandamentos do cazador seguro, para evita-lo maior número de sinistros.

 As previsións de caza menor son semellantes ás da pasada tempada; no que respecta ás principais especies, perdiz, coello e lebre, detéctase un repunte da perdiz nas provincias de Lugo e Ourense mentres que nas provincias costeiras (A Coruña e Pontevedra) mantense en poboacións semellantes ás das últimas tempadas.

O coello, en xeral criou ben, apreciándose unha tendencia á alza en tódalas provincias agás en Pontevedra, onde se manten en índices semellantes aos de anos anteriores, de tódolos xeitos haberá que ter en conta as incidencias da mixomatosis e da neumonía hemorráxico vírica que tanto inciden nas súas poboacións.

No referente á lebre agás nalgunhas comarcas da provincia da Coruña onde se nota un repunte, no resto do territorio cinexético mantense en poboacións semellantes aos do último periodo de caza.

Sin duda, unha vez máis, os tecores con xestión parten nas mellores condicións na parrilla de saída.

En canto á caza maior, o xabaril parece estabilizarse nas provincias de A Coruña e Pontevedra, mentres que en Lugo e Ourense sigue en lixeiro aumento; en canto aos danos producidos por esta especie na agricultura merced aos ganchos e monterías que organizan a meirande parte dos tecores estase a notar unha tendencia á disminución nos mesmos.

O corzo está a aumentar en tódalas provincias agás na provincia de A Coruña onde parece que se mantén máis ou menos nos mesmos niveis dos últimos anos.

Boa caza a todos,

Javier Nogueira Diz
Presidente da Federación Galega de Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza