Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DECÁLOGO DE SEGURIDADE
Os 10 mandamentos do cazador seguro
5/10/2011

Aínda que o número de sinistros que se producen na caza é inferior aos que se producen en moitos outros deportes, debemos ser conscientes que ao empregar unha arma calquera accidente por pequeno que sexa resulta alarmante, por iso tódalas precaucións son poucas para disfrutar dunha xornada de caza segura.

Nesta liña a Federación Galega de Caza ven de elaborar un decálogo con recomendacións e medidas de cara a seguir concienciando aos cazadores para que estes non baixen a garda.

A maioría dos accidentes que se producen na actividade cinexética teñen lugar durante a acción de cazar, con maior frecuencia, e mesmo maior dano, nos ganchos e monterías de caza maior pero tamén cando se practica a caza menor. De aí que debemos poñer especial atención extremando a prudencia e cumprindo as normas de Seguridade.

A FGC lémbralle aos cazadores que a seguridade na caza empeza por un, e a caza segura depende dun”. Con esta premisa ven de editar unhas recomendacións básicas a través da campaña “Caza seguro para cazar ben”, resumidas nos 10 MANDAMENTOS DO CAZADOR:

  1. Mante-las armas en bo estado e ben coidadas, comprobando os posibles desaxustes, desgastes, limpeza, etc.

  2. Cando se cargue ou descargue a arma dirixila cara o chan ou cara o ceo.

  3. Asegurarse de descargalas antes de manipulalas, de camiño ao monte, ao saltar un valado, ao atravesar un regato, cando se transite por camiños ou zonas con risco de esvarar ou caer, de camiño cara o posto da cacería e ao seu regreso, nos descansos, ao achegarse a persoas alleas á nosa actividade, ao remata-la cacería, etc.

  4. Non quitárlle-lo seguro á arma ata o momento no que se aviste claramente que se trata dunha peza de caza. Antes de efectua-lo disparo asegurarse que non existe ningunha persoa no campo de acción.

  5. Disparar de xeito que, no caso de faiar, a bala ou munición se espete na terra e non saia rebotada

  6. Non disparar sobre pezas que saian en cambios de rasante e manter especial precaución cando agardamos a que nos saia unha peza de detrás dun matorral, dunha silveira, etc. pois pode sorprendernos que é outro cazador, un transeúnte, ou un can.

  7. Respecta-las normas de seguridade establecidas: zonas de seguridade, normas dos xefes de cuadrilla, e especial atención e respecto ao resto compañeiros da cacería.

  8. Sinalizar temporalmente os accesos á zona de cacería, mediante sinais de "Atencin Cacera".

  9. Indicar aos compañeiros, visualmente ou a través da emisora, a situación e posición.

  10. Usar chalecos ou roupa de cores vivos porque aumentan a visibilidade. En contra do que se cree popularmente as cores vivas non espantan os animais, pois estes perciben máis o movemento que a través da súa propia visión.

Descargar díptico

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza