O pasado sábado disputábase na localidade rioxana de Alfaro, a Copa España de Caza San Huberto, na que competían os deportistas da selección galega.
Na categoría masculina, o deportista de Palas de Rey (Lugo) Juan Carlos Arteche Castillo, que competía co setter inglés Breco de Reinadama, quedaba cuarto no barrage.
O domingo disputábase o Campionato de España de Donas e de Levantadores. En Donas, a flamante campiona galega, Nicolasa González Carrodeguas, de Narón (A Coruña), que competía co setter inglés Jef de Caaveiro, acadaba tamén o cuarto posto da xeral, mentres que a súa compañeira Ana Arbiol (Palas de Rei-Lugo) -campiona de España da edición anterior- resultaba quinta.
En levantadores, o cazador de Nigrán (Pontevedra), Victor Villar Fernández, que aparecía en tódolas quinielas entre os tres favoritos, co seu springer spaniel Júpiter Estrellas de Tebra, tivo que conformarse co sexto posto.
Destaca-la actuación arbitral, entre os que se atopaban os xuíces do Colexio Galego, José Lugris, Esteban Cambón, Pedro Varela e Marcial Ramil, estes dous últimos como Auxiliares.