XXXVII Campionato de Espaa de Percorridos de Caza - Grand Prix FITASC
Esta pasada fin de semana disputouse en Castillejo de Robledo Soria, a XXXVII edicin do Campionato de Espaa de Percorridos de Caza organizado pola Real Federacin Espaola de Caza.
Ata terras castelns desprazronse un total de 18 tiradores galegos mis o presidente da Federacin Galega de Caza Javier Nogueira, para tentar deixar a nosa comunidade onde se merece no que o tiro se refire.
Todo daba comezo o venres da 24 cando os primeiros pratos facan as primeiras traxectorias deste Campionato de Espaa no que competiron un total de 281 tiradores sobre 200 pratos divididos en 8 canchas.
Da actuacin da representacin galega neste campionato temos que destacar a Artemio Formoso Barro o se converter en Campin de Espaa na categora de Handisport e a ngel Mosquera Rodrguez por acadar o subcampionato en superveteranos. Artemio obtivo unha ampla vantaxe sobre o segundo clasificado e a ngel Mosquera, as elevadas temperaturas e pequenos problemas fsicos, relegrono o segundo posto despois de disputar o desempate para o primeiro posto co canario Olegario Rodrguez Fajardo.
Foi o aragons Juan Carlos Navarro Asn o que subiu o mis alto do podio na clasificacin xeral con 186 + 23 pratos escachados sendo deste xeito o novo Campin de Espaa da modalidade seguido polo madrileo Jaime Valentn Vara con 186 + 18 pratos. O terceiro posto foi ocupado polo navarro Miguel Lucea Villanueva con 185 pratos.
Ata o posto 25 da clasificacin xeral temos que baixar para ver o primeiro tirador galego, Antonio Iglesias Otero cun total de 174 pratos escachados.