Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ENTREVISTA RAMÓN RODRÍGUEZ
“Nos vindeiros anos desexaría unha maior unión entre os cazadores galegos”
10/5/2011

Ramón Rodríguez, acede a Secretaría Xeral da Federación Galega de Caza cun importante bagaxe ao fronte dos diferentes cargos directivos da Sociedade de Caza de Rois. Das súas verbas despréndese unha ilusión e un afán por traballar en prol da Federación Galega de Caza e dos Cazadores Galegos.

O recen chegado Ramón Rodríguez, non dubida en darnos a coñecer un pouco máis a súa visión sobre diferentes temas relacionados coa caza en Galicia e sobre a secretaria xeral da Federación Galega de Caza na cal acaba de aterrar.

¿Cómo comeza a súa paixón pola caza? ¿Cómo son os seus primeiros pasos?
Pois a miña paixón pola caza comeza dende moi pequeno, canto tiña pouco máis de 12 anos acompañaba a meu pai o monte de morraleiro e foi el o meu mestre na actividade cinexética e co que din os primeiros pasos polo monte.

Na actualidade vostede ocupa a secretaría xeral da FGC, ¿Como chega a este cargo? ¿Dende algunha sociedade de caza?
Pois si, chego ocupando diferentes postos directivos nas sociedades de caza. Dende os 18 anos fun secretario da Sociedade Aguasanta e Hermedelo ata a fusión, fai  10 anos, desta Sociedade de Caza coa Sociedade de Caza da Cabana, ambas pertencentes o Concello de Rois. Cando se iniciou o proceso de fusión, eu fun elixido presidente da Xunta Xestora e unha vez finalizado o proceso, abriuse o período electoral, acadando a presidencia da Sociedade, e o ano pasado acadei a terceira lexislatura.
E agora comezo unha nova andaina como Secretario Xeral da Federación Galega de Caza

¿Qué valoración fai da Federación Galega de Caza nestes primeiros meses de chegado a ela?
Eu dende sempre tiven unha boa relación coa Federación, e sempre estiven en contacto co persoal e coa anterior xunta directiva por temas de administración e xestión da Sociedade de Caza. A impresión que teño destes primeiros meses, é a que tiña antes de chegar a ela, e é que a Federación pode presumir de ter uns traballadores que son verdadeiros profesionais, moi preparados e moi curtidos a hora de xestionar e administrar a Federación; coa mentalidade de traballar en prol dos intereses dos cazadores galegos.
Creo que a FGC ten moito gañado o contar con un presidente das características de Javier Nogueira, unha persoa  cun curriculum envexable en temas e de ocupar cargos importantes a nivel de xestión e administración de caza. Aínda que o anterior presidente Pepe Cortón, deixounos o listón moi alto.

¿Cal ou cales son os cambios que cree vostede necesarios para a caza en Galicia?
A Federación funcionaba moi ben antes de chegar nós aquí e vamos tentar que siga funcionando do mesmo xeito aínda que sexa cun estilo propio como é lóxico; non vai ser mellor nin peor, simplemente cada un ten a súa maneira de traballar e o seu estilo. Os resultados e os feitos veranse dentro de catro anos.

¿Cales cree vostede que van ser os problemas ou as trabas coas que se van ter que “pelexar” nestes vindeiros anos?
Problemas sempre os houbo e sempre os vai haber. Creo que un dos problemas principais que  ten a Federación, aínda que non directamente, pero que si que ten a necesidade de atendelo e o importante incremento da caza maior, sobre todo de corzos e xabariles, e as súas consecuencias nos danos que producen nas estradas e nos cultivos.

¿E da caza pequena?
Pois aí son as Sociedades de Caza as que teñen un papel fundamental. Lembrar que son estas sociedades as que teñen de primeira man o mantemento da caza menor e o control sobre as especies de caza maior. Son as sociedades de caza a primeira e esencial unidade de función da caza en Galicia. Se as sociedades están implicadas e traballan a favor da xestión cinexética os resultados antes ou despois chegarán.
Hoxe en día, e impensable a sostenibilidade da caza menor sen un traballo de xestión previo; poño como exemplo a Sociedade de Caza que presido; xa que nela a pasada tempada de caza pódese dicir que foi unha das máis positivas dos derradeiros anos, e iso débese a que houbo un traballo previo na mellora do hábitat de especies como o coello.

¿Qué cree que vai aportar vostede a Federación Galega de Caza?
Pois tentarei aportar o máximo posible que estea o meu alcance. Esta claro que vou aportar o meu traballo. Aparte de ter un moi bo presidente, do cal teño que aprender moito del, e como dixen anteriormente, tamén formo parte dun grupo directivo moi preparado e con gañas de traballar; ademais dos presidentes provincias que están a facer un magnífico e moi importante traballo nas súas respectivas federacións provincias.

E xa para rematar, como Secretario Xeral da FGC, ¿Qué mensaxe lle quere transmitir o cazador galego?
Gustaríame formar unha gran familia entre toda a xente relacionada co mundo cinexético, que estén xuntos entorno a Federación para así sacar os problemas adiante que poidan xurdir nestes anos; porque unidos e con forza todo será máis fácil. E sobre todo dar a coñecer o resto da sociedade o que verdadeiramente e a caza, e sacar ese pensamento e esa idea de que a caza tan so e abater animais. A caza hoxe en día e unha ferramenta imprescindible de xestión. A caza e os cazadores son responsables de que hoxe en día moitas especies cinexéticas se manteñan e tamén son a ferramenta máis importante para o control de outras especies, neste caso as da caza maior, que están nunhas altas densidades e mitigar así os danos que provocan.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza