Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ENTREVISTA JAVIER NOGUEIRA
"O fondo da caza en Galicia, é a caza social"
16/3/2011

No pasado mes de xaneiro e unha vez rematado o proceso electoral da Federación Galega de Caza, o pontevedrés Javier Nogueira Diz tomou posesión como novo presidente da FGC, recibindo o relevo de Jose María Gómez Cortón. Quixemos conversar con él e coñecer un pouco máis ao que vai ser o representante de tódolos cazadores galegos nos vindeiros catro anos.

Apaixoado do medio natural, cazador e persoa curtida a hora de afrontar cargos directivos en todo o relativo a actividade cinexética, Javier Nogueira vai nos resolvendo unha a unha as nosas inquitudes e desprendendo, en cada unha delas, unha gran ilusión e paixón por este novo reto que acaba de emprender.

  • Antes de nada, querémoslle dar a noraboa polo novo cargo federativo acadado unha vez concluido o proceso electoral na FGC. Cóntenos, ¿Cómo comenza a súa paixón pola caza e como foron os seus primeiros pasos como cazador?

A miña paixón pola caza comenza dende moi pequeniño, creo que dende que teño uso de razón. Eu lembro que o agasaio que sempre lle pedía os Reis Magos era unha escopeta de caza. Meu pai foi sempre cazador, na miña casa sempre houbo cans de caza e teño o previlexo de vivir a carón dun importante paraxe cinexético; polo tanto creo que con isto queda patente a miña paixón por esta actividade. Eu son e serei cazador sempre.

  • Como cazador en activo na provincia de Pontevedra, ¿Será lembrada esta recen rematada tempada de caza como unha das máis positivas dos derradeiros anos no que a caza do coello se refire?

Eu penso que si. Na provincia de Pontevedra levamos moito tempo pelexando co proxecto da recuperación do coello de monte; un bo día sentámonos arredor dunha mesa 9 apaixoados da caza do coello e 1 técnico moi interesado nesta caza e especie, e creo que desa xuntanza sairon unhas liñas para a recuperación desta especie que estamos mantendo e que creo firmemente que son as axeitadas e que están dando os seus froitos. E si, podemos decir que este ano foi un dos mellores para o coello e para a súa caza.

  • E xa en particular, ¿cómo foron as súas xornadas cinexéticas?

Teño que decir que dende o punto de vista persoal, inmellorables. A min gústame cazar e sobretodo gústame cazar en Galicia, e por encima de todo cazar coellos. Desfrutei do monte, desfrutei dos meus cans e desfrutei cos meus compañeiros, desfrutei da caza en si, polo que non podo pedir nada máis. Un ano mais, deleiteime ca beleza da Serra do Suido, creo que son un “Suidomano”, non se pode pedir mais.

  • Detrás de vostede ven unha importante bagaxe no tocante a desempeñar diferentes cargos directivos a diferentes niveis no que a caza se refire, ata chegar, na actualidade, a presidir a FGC, ¿Fálenos un pouco dese “curriculum”?

Os que temos inquietudes por defender a nosa afición ou paixón, e defender a dun colectivo pois fai te chegar aquí. Eu xa no seu día fun delegado no colexio e o resto ben por engadido; Fun directivo dunha sociedade de caza, vicepresidente e presidente da federación provincial, delegado autonómico de Percorridos, son membro da xunta directiva da RFEC, membro da comisión de control interna da RFEC, membro da comisión interna de Mutuasport, e agora presidente da FGC. Estamos ahí porque nos gusta, e cando un represéntase a un mesmo pode facer un pouco o que queira pero cando representas a un colectivo, e neste caso tan numeroso, a responsabilidade é moi importante. A Federación Galega de Caza representa os cazadores galegos en maiúsculas, a Federación representa a tódolos cazadores de Galicia máis alo dos 21.000 federados, date conta que a práctica da totalidade das sociedades de caza están federadas e elas acollen no seu seo a tódolos cazadores, concretamente según o Estudio Socieconómico publicado fai uns meses, acolle o 98% dos cazadores.

  • Antes de ocupar a presidencia da FGC, vostede foi presidente provincial da Federación de Caza de Pontevedra, ¿Cómo queda dita Federación despois dos seus anos de mandato? ¿E como se atopa o presente e o futuro desta federación provincial?

Na Federación Provincial de Pontevedra ai un equipo human excelente, traballadores, responsables e moi implicados nas súas tarefas, ademáis de representar perfectamente os cazadores da provincia. Xente preparada, que chega a federación presidindo sociedades de caza e que sabe o que o cazador quere.
Este equipo é o que ten a responsabilidade de convocar as eleccións, eles son os que teñen que tomar as decisións nesa provincia pero eu son dos que pensan que a Federación Galega de Caza ten que ser a suma das catro federación provincias.
De forma eventual, con Francisco Couselo, a Federación de Pontevedra queda en boas mans, e unha vez que se leve a cabo as eleccións, creo que os cazadores desta provincia teñen a suficiente sensatez e seguro que escollerán o mellor.

  • Xa facendo referencia o seu novo cargo federativo adquirido, ¿Qué vai aportar vostede a FGC?

O que sei é que vou aportar ilusión, traballo e responsabilidade e despois deso serán os anos os que xuzguen e o momento de evaluar. Eu quero ser o presidente de tódolos cazadores galegos e esa é a miña ilusión. Eu vexo a Federación Galega como a suma das 4 federacións provinciais, a min sempre me gustou máis sumar e multiplicar que restar e dividir.

  • ¿Cales van ser os pilares que quere que manteña a FGC?

Os pilares e o horizonte da FGC non pode ser moi distinto do que mantivo ata agora, xa que eu levo pertencendo a esta Federación dende fai 16 anos, e sería incoherente se digo que vou facer unha revolución. Creo que o obxetivo é a caza social en Galicia pero é certo que na actualidade cinexética hai uns certos puntos candentes que son: o tema dos danos que tentaremos resolver, non so a nivel autonómico se non a nivel nacional, xa hai algunhas novidades con respecto a isto e hai reunións en Madrid e creo que se está avanzando moito e polo bo camiño. O noso obxetivo e que nas estradas a nosa responsabilidade quede reducida a acción de cazar.
Ten que quedar claro que o colectivo de cazadores e a caza é un efecto mitigador contra os danos, e non acelerador.
Nos danos na agricultura ten que ser un apoio por parte de todos para chegar a unha solución, a caza e do cazador cando a caza pero cando non é “rex nulius”, teñen que intervir na solución os cazadores, os gandeiros e labregos e a Administración. Ten que haber unha cobertura solidaria.
Que non lle quepa dúbida tampouco os cazadores que tamén pelexaremos co novo Reglamento de Armas, e máis, dende a RFEC e dende as Federacións Autonómicas xa comenzamos a manter contactos co Ministerio para modificar certas cousas que nos atañen os cazadores.

  • Nestes próximos catro anos de lexislatura e facendo un símil taurino cos diferentes temas relacionados coa caza, ¿Cal cree vostede que van ser os piores “touros” cos que vai ter que lidiar?

Aparte dos ditos anteriormente referente os daños, reglamento, etc. Tamén temos un touro importante que lidiar, e é a comunicación, e eso creo que é unha asignatura pendente da Federación. É o noso deber comunicarlle o resto da sociedade quenes somos os cazadores. Gustaríame que quedara patente que o cazador do século XXI é unha persoa que ama a natureza, que a cuida, que a respeta e que a aproveita de xeito adecuado, e creo firmemente que esta debe ser a definición do cazador do século XXI e que esto é o que nós queremos traslador o resto da sociedade galega. Si alguén ten interés en que se cuide a natureza, este é o cazador, ainda que sexa so por egoismo, os cazadores temos claro que aun medio mellor coidado significa un medio con mellor renta cinexética. Ainda que sexa por egoisma, ainda que é por mais porque o cazador gústalle a natureza e o medio en que desenvolve a súa actividade, nos somos os mais interesados en conservar e coidar o noso medio.
O cazador e a caza no medio rural non estan cuestionados, pero nunha sociedade urbana que nós descoñece si que temos máis atrancos. Pero tamén hai que ter en conta que hai criticos en todolos sectores, e é bon aceptar a crítica porque esta é enriquecedora, o que non é loxica e a critica por criticar, sen saber que a caza hoxe en día e unha primordial ferramenta de xestión e imprescindible. O home interviú no ecosistema sempre e sempre interactuou con él. Como exemplo, podo decir que hai estudios e expertos que afirman que se non se cazara o xabaril, en cinco anos a agricultura sería inviable.

  • E xa para rematar e como recen nomeado presidente da Federación Galega de Caza ¿Que mensaxe lle quere transmitir ao cazador galego?

Pois que os cazadores temos que seguir desenrolando a liña que mantivemos nestes derradeiros anos, como dixen antes, cazar con responsabilidade, con respeto o medio e aprender e saber que no monte convivimos moitos colectivos e que temos todos a cavida. A caza é compartir.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza