O pasado 22 de xaneiro tiña lugar a décimo sexta edición do Campionato Galego de Caza de Raposo, que nesta ocasión acollían terreos dentro do concello de Rois, na provincia da Coruña, e que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Rois.
Participaban na proba as 16 cuadrillas que establece a normativa, 14 delas clasificadas dos seus respectivos campionatos provinciais: 4 por Coruña e Pontevedra e 3 por Lugo e Ourense, ademáis do campión da pasada edición e o primeiro clasificado da Copa Galicia da modalidade.
Cabe destacar a excelente xornada de caza da que disfrutaron todos os equipo participantes, o que veu en reflexarse na grande cantidade de pezas cobradas e avistadas na mañá de competición: foron capturados 28 raposos repartidos entre tódalas zonas de caza onde se desenrolaba a proba, e avistáronse un total de 46.
Finalmente a cuadrilla lucense “Ganados Blanco”, da sociedade Santa María Alta, convertíase na gañadora e campiona galega ao capturar 4 raposos. A segunda clasificada era a cuadrilla “Silleda”, da sociedade pontevedresa de Silleda, quen remataba con 3 raposos capturados. As mesmas pezas capturaba a cuadrilla ourensá “Os Homes de Paco”, da sociedade Boborás, quen obtía así o terceiro posto.
Pos | Cuadrilla | Capturas |
1º | Ganados Blanco (LU) | 4 raposos |
2º | Silleda (PO) | 3 raposos |
3º | Os Homes de Paco (OU) | 3 raposos |
4º | Non me quentes a cabeza (LU) | 3 raposos |