Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESTUDO DANOS AGRICULTURA
O Presidente da FGC traslada ao Conselleiro de Medio Rural as conclusións do observatorio sobre danos na agricultura
9/12/2010

O pasado día 3 de decembro o Conselleiro Samuel Juárez recibía o Presidente da FGC, quen lle fixo entrega do documento de conclusións da xornada sobre danos, de ámbito estatal, que se celebrou en Santiago de Compostela a mediados do mes de outubro. Durante a entrevista, Gómez Cortón, analizou co Conselleiro e co Director Xeral de Conservación da Natureza cadaunha das conclusións e a súa perspectiva dente o ámbito cinexético galego.

Así no ámbito normativo, coincidiron na necesidade de modificacións legais no referido a responsabilidade polos danos producidos pola fauna nos cultivos, buscando normativas mais axustadas a realidade actual, onde os cambios de hábitat estenderon por toda Galicia corzos e xabariles e onde os criterios de biodiversidade e sostenibilidade son fundamentais na caza do noso tempo.

Dentro dese análises, a prevención dos danos debe pasar a se-la principal prioridade e obxectivo dunha tarefa compartida entre tódolos que teñen interese no medio rural (agricultores, administracións e cazadores). As medidas preventivas deben pasar a ter un lugar destacado na solución do problema.

Compartiron igualmente que os danos xerados polas especies silvestres non son consecuencia da caza, sono pola existencia de ditos animais, por tanto son un problema de toda a sociedade. A desaparición dos tecor nos territorios con maiores danos, os máis agrarios, non suporían unha solución, senón que agravarían o problema. Así comprometéronse a estudiar fórmulas para comparti-lo risco e avanzar cara un novo sistema que permita cofinanciar a compensación deses danos nos cultivos agrarios, con criterios de equidade, universalidade, rapidez e corresponsabilidade.

Na rolda de prensa posterior a entrevista os responsables de ambas institucións amosaron a coincidencia no analisis e propostas referidas, e destacaron a  función social que realizan os cazadores no control das poboacións de animais silvestres, e abogaron porque a caza fose recoñecida,  tamén pola sociedade, nunha das súas vertentes mais destacadas, como un verdadeiro servicio ambiental.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza