Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO ARCEAS
Marcos Lorenzo, de Xuvia, Campión Galego de Caza de Arceas
9/12/2010

O pasado fin de semana, o tecor ourensano da sociedade de cazadores de Xinzo de Límia, acollía a final do Campionato Galego de Caza de Arceas, no que tomaban parte os 21 mellores cazadores galegos da modalidade, previamente clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais.

O cazador da sociedade de Xuvia, Marcos Lorenzo, que competía co setter inglés Coca, proclamábase vencedor absoluto con 2 arceas.

Segundo foi Miguel López, da sociedade de Coristanco, coa setter Lúa, que chegaba ao control cunha arcea. Co mesmo número de pezas, clasificábase, en terceiro lugar, Ignacio Dopico, da sociedade San Sadurniño, que participaba co can Naca; seguido no cuarto posto por Jaime Pintos, da sociedade Vilar de Barrio ,que competía con Bosque, de raza setter inglés.

Os tres primeiros clasificados representarán a Galicia no Campionato de España, que precisamente se disputará nesta Comunidade, no vindeiro mes de xaneiro.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza, en colaboración coa sociedade de cazadores de Xinzo de Límia.

Pos Participante Punt.
Marcos Lorenzo Martínez 1000
Miguel López García 500
Ignacio Dopico García 500
Jaime Pintos Davila 500
Ramiro Lamas Vilanova 500
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Galego de Caza de Arceas 2010
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza