O concello lucense de Outeiro de Rei acollía o pasado 27 de novembro o vixésimo cuarto Campionato Galego de Caza Menor, que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Santa Isabel.
Participaban os 21 cazadores clasificados para este Campionato (6 pola Coruña, 5 por Lugo, 4 por Ourense, 6 por Pontevedra), mailo Campión da edición anterior. A proba desenrolouse nuns terreos con abundante caza, o que propiciou unha intensa xornada cinexética.
Rematada a proba era o cazador lucense da Sociedade Carvallido-Bóveda, Bernardo Traseira Rois, quen resultaba gañador e Campión Galego ao capturar 3 pezas e acadar 1510 puntos. O segundo clasificado era o participante da Sociedade de Trazo, de A Coruña, Manuel Mariño Boquete, con 2 pezas e 1020 puntos. Finalmente era Valentín Álvarez Expósito, da Sociedade Tomiñesa de Pontevedra, quen con 2 pezas e 1000 puntos remataba no terceiro posto.
Pos | Participante | Punt. |
1º | Bernardo Traseira Rois | 1510 |
2º | Manuel Mariño Boquete | 1020 |
3º | Valentín Álvarez Expósito | 1000 |
4º | Rubén Boquete Varela | 950 |
5º | Jorge Vázquez Iglesias | 800 |