O Tecor da Sociedade de Caza “As Tres Bes”, no concello de Baiona, acollía o pasado 20 de novembro unha nova edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas, que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “A Mondarizana”.
Participaban un total de 25 cazadores na proba, proclamándose gañador, cunha arcea capturada, Cristino Mera. O segundo clasificado, tamén cunha arcea era Emilio Ferreira, sendo o terceiro clasificado final Antonio Ojea.
Pos | Participante | Punt. |
1º | Cristino Mera Román | 500 |
2º | Emilio Ferreira Martínez | 475 |
3º | Antonio Ojea García | - |
4º | Andrés Pereira Pereira | - |
5º | Jorge Carrera Dávila | - |