O pasado 9 de outubro tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de O Irixo en Ourense, a segunda edición da Copa España de Cans de Rastro de Coello, que organizaban a Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores de O Irixo.
Máis de 100 cans tomaban parte na proba que se realizaba nuns excelentes terreos con abundante caza salvaxe. O Tecor de O Irixo é un exemplo de que unha adecuada xestión cinexética con base nas melloras do hábitat ten resultados positivos. Ademáis, unha extraordinaria climatoloxía acompañou aos participantes e os seus cans que disfrutaron dunha inmellorable xornada de competición cinexética.
Xulgaron esta segunda edición da Copa España de Cans de Rastro de Coello os xuíces D. Juan Angel Alonso Pérez, D. Honorato Martínez Couñago, D. José Montoiro González, D. Alfonso Collazo Pasín, D. José María Álvarez Villar, D. José Moure Caneda e D. José Manuel Piñeiro.
Ao remate da proba foi o lote de podencos manetos de Román Reguera Míguez quen se levaron a victoria nesta Copa España, ao acadar un total de 560 puntos. Segundo na clasificación foi o lote de mestizos e podencos que conducía José Touceda Magariños, que remataba con 540 puntos. Tan só 4 puntos menos obtía o lote de José Brea Gómez, cos 536 puntos que o deixaban no terceiro posto.
O premio ao mellor can da proba foi para “Pinto”, o beagle de José Brea Gómez que acadaba 151 puntos e unha calificación de Excelente.
Pos | Participante | Cans | Punt. |
1º | Román Reguera Míguez | Cuco / Cativa / Rata / Morito | 560 |
2º | José Touceda Magariños | Coqui / Laika / Lua / Tula | 540 |
3º | José Brea Gómez | Pinto / Roxa / Laika / Tiberio | 536 |
4º | Juan Formoso Raposo | China / Cora / Pol / Peca | 500 |
5º | Francisco Abraldes Crujeiras | Ada / Roki / Tronco / Chula | 490 |