Victor Villar, campin de Espaa 2009 na categora de Springer Spaniel foi prata
A palense Ana Arbiol Ledesma, ven de proclamarse campiona de España de Caza San Huberto, na final disputada o pasado domingo en Trrega (Lleida). Arbiol, que nesta ocasión participaba co setter inglés Bratón de Lluisina que compite na modalidade desde o ano 1998, no que precisamente tamén se proclamou campiona de España, foi posteriormente podio noutras tres ocasións (unha prata e dous bronces), e ata en cinco ocasións facíase co podio no campionato do Mundo, 3 veces en individual e outras tres co equipo Español.
A súa compañeira, a naronesa, Nicolasa González Carrodeguas, que competía co can Jeff de Caaveiro, un setter inglés macho, facíase co subcampionato de España. González Carrodeguas era a cuarta vez que competía na proba nacional, onde foi bronce en dúas edicións anteriores.
En Springer Spaniel, o cazador de Nigrán, Victor Villar, campión de España e subcampión do Mundo no 2009, proclamábase nesta edición, con Júpiter Estrellas de Tebra, subcampión de España da súa categoría.
O día anterior (sábado, 25) disputábase a Copa España da modalidade, coa participación da selección galega masculina. O primeiro galego clasificado foi, Rubén Boquete da sociedade Rio Sar que acadaba a terceira praza do campo-G, mentres que os seus compañeiros José Sanmartín e Juan Ramón Suárez, da sociedade Urogallo eran sextos nos C e H, respectivamente. Eliseo Faraldo, da sociedade Taboadela, foi oitavo no campo A.