O pasado 4 de setembro tiña lugar no Tecor da Sociedade “Cinexética Carnotana” en Carnota (A Coruña), o XVII Campionato de Cans de Rastro de Coello do Clube “Amigos dos Cans de Caza”, que organizaba o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Sociedade de Caza “Cinexética Carnotana” e a Federación Galega de Caza en A Coruña.
Participaban un total de 25 lotes repartidos en 6 campos, de terreos duros e secos, nunhas condicións climatolóxicas moi esixentes. Finalmente o gañador da proba era José Mella Recarei ao acadar 490 puntos. Segundo clasificado era José M. Brea Gómez que remataba con 481 puntos na proba. O terceiro posto era para Marcos Rodríguez Quintás con 465 puntos.
O mellor can da proba era “Mora”, de José Manuel Antelo Casanova, que acadaba 127 puntos na proba.
Pos | Participante | Punt. |
1º | José Mella Recarei | 490 |
2º | José M. Brea Gómez | 480 |
3º | Marcos Rodríguez Quintás | 465 |
4º | José Manuel Antelo Casanova | 427 |
5º | Francisco Rodríguez Lista | 426 |