Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA
Disputada a Copa Galicia de Cans de Parada, xa temos Campións Galegos
7/9/2010

 O pasado 4 de setembro disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores “Venatoria As Pontes” en As Pontes (A Coruña), a Copa Galicia de Cans de Parada que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Caza “Venatoria As Pontes”.

En razas británicas o gañador da proba era “Cero” (PM) de Alejandro Lorenzo Condesa que acadaba a calificación de “Excelente”. O outro can que puntuaba era o SIH “Sela de Bosende” de Iván López que remataba cun “Moi bo”.

En razas británicas o can de Juan Lorenzo Pazó “Turo” (BAM) acadaba clasificarse no primeiro posto sendo a sua calificación de “Excelente”, mentres que “Aris de Foldarriva” de José Vicente Cortés Doce obtiña un “Moi Bo”, rematando segundo.

Unha vez disputadas todas as probas puntuables para o Campionato Galego de Cans de Parada, a clasificación final daba a Alejandro Lorenzo Condesa como Campión Galego en razas británicas con “Cero de la Rivera del Cea” (PM). En razas continentais o Campión Galego era Juan Manuel Lorenzo Pazó con “Turu” (BAM).

  CAMPIONATO GALEGO DE CANS DE PARADA    
Pos Participante Can (Raza/Sexo) Punt.
  RAZAS BRITÁNICAS    
Alejandro Lorenzo Condesa Cero de la Rivera del Cea (PM) 24
José Luis Méndez Tesouro Arco de Videsa (SIM) 17
Antonio Vilar Vigo Nei da Chousa (PM) 14
Andrés Pena Vázquez Rambo de Bosende (SIM) 10
  RAZAS CONTINENTAIS    
Juan Lorenzo Pazó Turo (BAM) 20
José Vicente Cortés Aris (BAH) 18
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza