O pasado 7 de agosto disputábase no Tecor “Barbanza” en Riveira (A Coruña), o XVI Campionato de Cans de Rastro de Coello “Amigos dos Cans de Caza”, puntuable para a Copa Galicia da modalidade e que organizaba o Clube “Amigos dos Cans de Caza”en colaboración coa Sociedade de Caza e Pesca “Barbanza” e a Federación Galega de Caza en A Coruña.
A proba disputábase nun terreo duro e con altas temperaturas, tomando parte nela un total de 30 lotes de cans, resultando gañador Manuel Tuset Lorenzo ao acadar o seu lote de cans un total de 495 puntos. Segundo clasificado foi Cristóbal Cacheda Chouza, que rematou cos 492 puntos do seu lote. Os cans de Rafael Rodríguez Ures acadaron 464 puntos, dándolle o terceiro posto da proba.
O mellor can da proba foi "Lama", de Cristóbal Cacheda.
Pos | Conductor/Propietario | Cans | Puntos |
1º | Manuel Tuset Lorenzo | Luca / Fabiola / Rizo / Pirri | 495 |
2º | Cristóbal Cacheda Chouza | Pequeno / Mora / Vega / Lama | 492 |
3º | Rafael Rodriguez Ures | Ful / Lara / Silva / Pita | 464 |
4º | José Mella Recarei | Katy / Perla / Kira / Corda | 460 |
5º | Manuel Romero Nieto | Ney / Paloma / Gitana / Linda | 440 |