Como xa se informou, o pasado 29 de xullo o Presidente da FGC enviou unha carta ao Presidente da Xunta pedíndolle aclaracións, sobre unhas manifestacións feitas sobre a caza e os touros. Nos pasados dias o Presidente Nuñez Feijoo, nunha carta dirixida ao Presidente da Federación agradece “a oportunidade de clarexar a posición da Xunta de Galicia sobre a actividade cinexética.” Engade posteriormente “A Xunta de Galicia plasmou en numerosas ocasións o seu compromiso coa actividade cinéxetica, unha arte que ten unha profunda raigame social en Galicia e que dispón, ademáis, dun gran potencial de desenvolvemento no ámbito económico en xeral, e no ámbito rural en particular”. Finalmente valora positivamente o traballo da Federación e o seu compromiso “en accións educativas e o fomento desta actividade, cuxo exercicio responsable contribue a poñer en valor os recursos naturais”.