Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS CAZA
Rio Sar acolle o Campionato de España de Pecorridos de Caza, puntuable para a Copa do Mundo
1/7/2010

Tiradores de tódalas comunidades autónomas do Estado disputarán dende mañaná venres (día 2 de xullo) ata o vindeiro domingo día 4 a final do Campionato de España de Pecorridos de Caza con pratos, que nesta ocasión é puntuable para a Copa do Mundo Grand Prix, polo que tamen está confirmada a participación de tiradores mexicanos, portugueses e suizos, entreoutros.

A competición desenvolverase nos campos de tiro Rio Sar , en Chaián-Trazo, e Canteira Pedra Facha, en Niveiro-Val do Dubra, sobre 200 pratos de arcilla ecolóxica aos que deberá enfrentarse cada tirador perante os tres días que dura a competición.

Os galegos, xunto co campión da pasada edición, o andaluz Juan Valero Domínguez, parten como favoritos. A selección galega está formada polos senior Antonio Iglesias Otero e Diego Antelo Noya (Santiago), David Seoane Viaño (Oroso), e Ángel Mosquera Cornide (Ferrol); así como polo veterano Jaime Vilas Pereira (Baiona); e polo superveterano Ángel Mosquera Rodríguez (Ferrol).

HORARIOS:
.- Xoves, día 1 de xullo:
                        .- Adestramentos dende as 10 ata as 19 horas
                        .- Nomeamento do xurado
                        .- Sorteo de escadras e dorsais
                        .- Recepción de participantes e entrega de dorsais
.- As 20,30 horas, inauguración oficial, trala cal serviráse un viño galego e degustaranse productos da terra.

 .- Venres, día 2 de xullo:
.- Dende as 9 horas, tirada oficial, nos campos de tiro Rio Sar e Pedra Facha. Tiraranse 100 pratos.

.- Sábado, día 3 de xullo:
.- Dende as 9 horas, tirada oficial, nos campos de tiro Rio Sar e Pedra Facha. Tiraranse 75 pratos.

.- Domingo, día 4 de xullo:
.- Dende as 10 horas, tirada oficial, nos campos de tiro Rio Sar e Pedra Facha. Cada tirador deberá enfrentarse aos últimos 25 pratos.
.- 14 horas, clausura da competición e entrega de premios, tras cuxos actos servirase un vio galego e productos da terra cedidos por casas comerciais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza