O pasado 13 de xuño disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo) a vixésimo o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.
Na proba, que se disputaba a 100 pratos, participaban un total de 41 tiradores, sendo o gañador absoluto e Campión Provincial Antonio Iglesias Otero, que escachaba 83 pratos. O segundo posto era para Martín Baqueiro Villafines, da provincia de Pontevedra, que participaba por libre e escachaba 81 pratos. Terceiro clasificado foi Roberto Rodríguez Fernández, tamén da provincia de Pontevedra que escachaba igualmente 81 pratos.
Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos vencía Ramiro Barral Mantiñán, quen escachaba 64 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 78 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Pablo Diaz Somaza, con 42 pratos escachados.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA | ||||
Pos | Tirador | Cat | Prov | Pratos |
1º | Antonio Iglesias Otero | S | CO | 83 |
2º | Martín Baqueiro Villafines | L | PO | 81 |
3º | Roberto Rodríguez Fernández | L | PO | 81 |
4º | José Luis Sánchez Mancebo | S | CO | 80 |
5º | Angel Mosquera Cornide | S | CO | 79 |