O pasado 9 de maio disputábase no Campo de tiro eventual “Alto do Picato” en Guntín, o Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza “O Picato”.
O gañador absoluto da proba, que se disputaba sobre 50 pratos, e tras un desempate, era o tirador da provincia de Pontevedra José A. Vasconcellos Vicente con 44 pratos escachados, que participaba por libre. O segundo clasificado era Jorge Vázquez Iglesias quen tamén escachaba 44 pratos, primeiro da provincia e polo tanto Campión Provincial. O terceiro posto era para Artemio Formoso Barro, que remataba a proba con 41 pratos escachados. Na categoría veteranos o gañador era José Mª González Rodríguez, con 32 pratos escachados.
CLASIFICACIÓN OFICIAL ABSOLUTA | |||
Pos | Tirador | Cat | Pratos |
1º | Jorge Vázquez Iglesias | S | 44 |
2º | Artemio Formoso Barro | S | 41 |
3º | José González Yáñez | S | 39 |
4º | José López Abeledo | S | 38 |
5º | Vicente Insua López | S | 37 |