O pasado 18 de abril disputábase no campo de tiro da Illa da Toxa, (O Grove) o Campionato Provincial de Pontevedra de Silvestrismo, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica “O Grove”.
Na categoría de Pardillo Novel o gañador da proba foi M. Angel Ares Ares, da Sociedade “A Faísca”, con 7 puntos, sendo a gañadora en Pardillo Adulto Mª Carmen García Freire, tamén da Sociedade “A Faísca” ao acadar 21 puntos.
Na categoría de Xílgaro Novel o gañador era Manuel Chao Porto da Sociedade “A Faísca” con 116 puntos mentres que en Xílgaro Adulto o primeiro clasificado foi J. Florencio Dopico Díaz da Sociedade “A Faísca” con 55 puntos.
En Mixto de Xílgaro era Serafín Corral Vázquez, da Sociedade “A Faísca”, o gañador da proba con 88 puntos, mentres que en Mixto de Pardillo gañaba Jesús Faraldo Ares, tamén da Sociedade “A Faísca”, con 62 puntos.
O gañador da proba na categoría de Verderol era Jonathan Crego González con 24 puntos.
PARDILLO NOVEL | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | M. Ángel Ares Ares | CO | 7 |
2º | Arturo Merchán González | PO | 6 |
3º | Celso Pérez Genoario | PO | 6 |
PARDILLO ADULTO | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | Mª Carmen García Freire | CO | 21 |
2º | Serafín Corral Vázquez | CO | 21 |
3º | Serafín Corral Vázquez | CO | 11 |
XÍLGARO NOVEL | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | Manuel Ángel Chao Porto | CO | 116 |
2º | Mª del Pilar Beltrán Blanco | CO | 94 |
3º | Mª del Pilar Beltrán Blanco | CO | 80 |
XÍLGARO ADULTO | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | J. Florencio Dopico Díaz | CO | 55 |
2º | José Luis López Ferreiro | CO | 53 |
3º | José Antonio López Romero | CO | 47 |
MIXTO DE XÍLGARO | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | Serafín Corral Vázquez | CO | 88 |
2º | José Luis López Ferreiro | CO | 88 |
3º | Juan Pico Pico | CO | 84 |
MIXTO DE PARDILLO | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | Jesús Faraldo Ares | CO | 62 |
2º | Jesús Faraldo Ares | CO | 57 |
3º | Camilo Taboada Piñeiro | CO | 53 |
VERDEROL | |||
Pos | Participante | Provincia | Puntos |
1º | Jonathan Crego González | CO | 24 |
2º | Mª Ángeles Pérez Arcos | CO | 23 |
3º | Mª Ángeles Pérez Arcos | CO | 18 |