Debido a problemas técnicos na organización surxidos nas últimas horas, comunícase que a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada prevista para o sábado 24 de abril e o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto previsto para o domingo 25 de abril do presente ano, quedaron APRAZADOS.
Actualmente estase a buscar a data máis axeitada para a recolocación destas duas competicións, ao fin de non entorpecer outras probas ou eventos previstos para as vindeiras datas. Nos próximos dias publicarase o programa definitivo destas competicións con cumprida información sobre os mesmos.
Dende a Federación Galega de Caza pregamos disculpen as molestias que esta situación poidera ocasionar.
ACTUALIZACIÓN 12.05h
Os campionatos quedan definitivamente fixados para as seguintes datas:
- A Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada disputarase o sábado 12 de xuño
- O Campionato Provincial de Ourense de San Huberto disputarase o domingo 13 de xuño