O pasado 11 de abril disputábase no Campo de tiro “Eido Dalbo” en Xinzo (Ponteareas) a décimo primeira edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra.
O gañador absoluto da proba era Martín Baqueiro Villafines, que escachaba 87 pratos. Os mesmos escachaba José Manuel Da Silva Fernández, que remataba no segundo posto tras un doble desempate. O terceiro clasificado era Gabino Villamor Vázquez ao escachar 85 pratos.
Por categorías, o gañador en seniors era o propio Martín Baqueiro Villafines. En veteranos vencía Jaime Vilas Pereira, quen escachaba 80 pratos, mentres que en superveteranos gañaba José A. García González, que escachaba 63 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Manuel Garrido Brito, con 72 pratos escachados, e finalmente Josefa Mariño Estévez vencía en damas ao escachar 50 pratos.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA | ||||
Pos | Tirador | Cat | Prov | Pratos |
1º | Martín Baqueiro Villafines | S | PO | 87 |
2º | José Manuel Da Silva Fernández | S | PO | 87 |
3º | Gabino Villamor Vázquez | S | PO | 85 |
4º | José A. Vasconcellos Vicente | S | PO | 81 |
5º | Jaime Vilas Pereira | V | PO | 80 |