O pasado 16 de xaneiro celebrábase nos montes da zona de A Cañiza (Pontevedra) o Campionato Galego de Caza de Raposo, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coas Sociedades de Caza de A Cañiza e Santa Bárbara de As Neves.
Participaban na proba 16 cuadrillas clasificadas para esta proba do seguinte xeito: 4 pola provincia de A Coruña, 3 pola provincia de Lugo, 3 pola provincia de Ourense, e 4 pola provincia de Pontevedra previamente clasificados dos respectivos campionatos provinciais, ademáis do campión da edición anterior, o 1º clasificado da Copa Federación 2008 e mailo o 1º clasificado da Copa Galicia 2009.
Rematada a proba, era a cuadrilla “Parrillada Antonio” da Sociedade de Caza Sta Maria Alta, da provincia de Lugo, a que se proclamaba Campiona Galega tras capturar un raposo. O podio quedaba do seguinte xeito:
CLASIFICACIÓN | ||||
Pos | Cuadrilla | Sociedade | Prov. | Capturas |
1º | Parrillada Antonio | Sta María Alta | LU | 1 raposo |
2º | Os Furtivos | Venatoria Bergantiños | CO | 1 raposo |
3º | San Roque de Coristanco | Coristanco | CO | 1 raposo |