O pasado 9 de xaneiro era a data de celebración dos Campionatos Provinciais de Caza de Raposo en tódalas provincias galegas. Sen embargo, as intensas nevadas que tiveron lugar durante toda a fin de semana nas provincias de A Coruña e Lugo impediron a celebración dos seus respectivos campionatos. A clasificación nestas provincias decidiuse por sorteo entre tódalas cuadrillas inscritas en cada proba. Na provincia de A Coruña, o sorteo daba como resultado a seguinte clasificación, de onde as catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
CLASIFICACIÓN A Coruña | |||
Pos | Cuadrilla | Sociedade | Capturas |
1º | Os Furtivos | Venatoria Bergantiños | n/d |
2º | Coto do Barro A | Coto do Barro | n/d |
3º | San Cristóbal de Lema | San Cristóbal de Lema | n/d |
4º | Os Raposeiros de Noia e Lousame | Noia e Lousame | n/d |
5º | Urogallo I | Urogallo | n/d |
Na provincia de Lugo, o sorteo daba como resultado a seguinte clasificación, de onde se clasificaban as tres primeiras cuadrillas para o Campionato Galego.
CLASIFICACIÓN Lugo | ||
Pos | Cuadrilla | Capturas |
1º | Non te manques | n/d |
2º | Fontefría | n/d |
3º | Ponte de Neira | n/d |
4º | A todo gas | n/d |
5º | Muxis | n/d |