A Federación Galega de Caza lamenta o triste suceso acaecido este fin de semana en Cabana de Bergantiños, onde un cazador faleceu previsiblemente froito do disparo dun compañeiro nun desgraciado accidente.
O Presidente da Federación Galega de Caza dixo sentirse tremendamente afectado por esta nova perda, e ven de testimoniar o seu pesar á familia do falecido e á sociedade de caza Venatoria de Bergantiños.
A Federación lembra unha vez máis as precaucación e medidas de seguridade que deben adoptarse durante as cacerías, salientando a necesidade de non disparar nunca sen ve-la peza que se quere abater, e a traxectoria que vai segui-lo disparo. A espesa vexetación dos montes Galegos, tan saudable para a biodiversidade, require unha dosis maior de prudencia e concentración na práctica da actividade cinexética.
Nas modalidades de caza colectivas, como os ganchos e os zapeos, cobra especial importancia o bon facer e a obedicencia ao responsable da cacería, así como procurar utilizar durante a caza roupa de cores vivos –a FGC leva repartidos entre os cazadores Galegos nos derradeiros catro anos máis de 15000 chalecos amarelos- que resalte a visibilidade dos compañeiros de cacería.
De tódolos xeitos, estas medidas necesarias deben complementarse cunha fundamental, a prudencia, o sentido común, e a utilización responsable das armas.