O pasado sábado 5 de decembro celebrábase nos Tecores “Ortegal” e “Mañón” das Sociedade de Cazadores Ortegal e Mañón respectivamente, en Ortigueira (A Coruña), a décimo cuarta edición do Campionato Galego de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores “Ortegal”.
Participaban neste campionato galego os cazadores clasificados dos seus respectivos campionatos provinciais: 6 por Coruña, 5 por Lugo, 4 por Ourense e 6 por Pontevedra, ademáis do último Campión Galego da modalidade, sumando un total de 22 participantes, que comezaban puntualmente a sua participación ás 9.00h.
Rematada a proba, era o cazador coruñés José Ramón Muíño Álvarez quen se proclamaba Campión Galego ao ser o único participante en capturar unha arcea. O participante pontevedrés Andrés Pereira Pereira remataba segundo clasificado da proba mentres que o terceiro era o tamén representante pontevedrés Valentín Álvarez Expósito, ambos sen capturas.
CLASIFICACIÓN |
Pos |
Cazador |
CAPTURAS |
Puntos |
1º |
José Ramón Muíño Álvarez |
1 arcea |
500 |
2º |
Andrés Pereira Pereira |
- |
0 |
3º |
Valentín Álvarez Expósito |
- |
0 |
4º |
Víctor Moreira Graíño |
- |
0 |
5º |
Emilio Ferreira Martínez |
- |
0 |