VI Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe
Na xornada do pasado 15 de marzo tiña lugar a sexta edición do Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo. Un total de 29 monteiros e cans competiron para sumar puntos na Copa Galicia da especialidade que permitirá coñecer os clasificados por Galicia para o Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa vital colaboración da Sociedade de Pesca de Rianxo tiña lugar esta proba de gran repercusión para os apaixoados do rastrexo de xabaril a traela e que ano tras ano incrementa a súa participación.
Rematada a participación dos finalistas en cada campo destacar a prestación do monteiro Adrián Martínez que co can “Romero” obtivo unha puntuación final de 241 puntos e foi proclamado campión da proba. Con 218 puntos remataba, en segunda posición, Manuel Fontán con “Casper”. A cadela de nome “Arabia” conducida por Samuel Toledo acadou o bronce con 212 puntos.
En juniors o primeiro clasificado foi Erik Iglesias Meizoso co can de nome “Chanclas” e 221 puntos. A cadela “Chela” conducida por Samuel Fernández de la Torre, junior campión da edición anterior, obtivo o segundo posto con 209 puntos. O bronce foi para o xoven Oscar Fernández Tarela con “Sil” que acadou unha puntuación de 206 puntos.
O Director da Proba, Tito Tarela, deu a coñecer o resto da clasificación absoluta os cales obteñen puntuación para a Copa Galicia da especialidade:
- 4º Michael Otero, 5º Daniel López, 6º Adrián Guimiz, 7º David Iglesias, 8º José Couto, 9º Rubén Gómez e 10º Joaquin Ferreira.
A entrega de premios e o xantar de irmandade puxo o punto e final a este campionato. Unha proba que contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.