Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo
27/01/2025

Campionato Galego e Provinciais de Cans de Rastro sobre Raposo Xunta de Galicia

No concellos de Lousame, Noia e Porto do Son tivo lugar, o pasado 25 de xaneiro, a edición número XXVIII do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Raposo Xunta de Galicia.

Dita xornada cinexética foi organizada pola Federación Galega de Caza e contou co gran traballo e colaboración das Sociedades de Caza de Lousame-Noia e Porto do Son.

Ao título Autonómico optaron un total de 13 equipos chegados das catro provinciais que, baixo unhas óptimas condicións metereolóxicas, foron quen de avistar un total de 16 raposos no trascurso da competición.

Esgotado o tempo de participación, os diferentes equipos foron facendo a súa entrada en control para o posterior análise veterinario das pezas capturadas. O Director da Proba e Delegado da Especialidade de Raposo da FGC, Ramón Rodríguez Cobas, foi o encargado de dar a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: O equipo coruñés “Os da Baladoira” resultou Campión Galego cun total de 1.000 puntos. Para coñecer a totalidade do podio foi preciso a realización dun sorteo debido ao empate a 500 puntos entre as cuadrillas “Os Chambos” e “A Picota”.

Foi a cuadrilla lucense de “Os Chambos” a que renovaba o segundo posto acadado na pasada edición, namentres que a cuadrilla coruñesa de “A Picota” obtiña o bronce.

A entrega de premios e a clausura do acto por parte das autoridades presentes puxeron o punto e final desta proba que marca o remate do calendario de competicións da FGC 2024/2025.

Campionatos Provinciais de Raposo

- Pontevedra

A fase pontevedresa desputouse en Rodeiro coa participación dun total de 180 cazadores. O equipo campión foi “Monteiros do Dozón” con 1.500 puntos. O subcampionato foi para o equipo “Pirulí” con 1.500 puntos. E o bronce foi para a cuadrilla “O Bo Rastro” con 1.000 puntos.

- A Coruña

O mellor equipo clasificado da especialidade pola provincia da Coruña foi a cuadrilla “A Picota” con 1.000 puntos. Tamén con 1.000 puntos, pero en segunda posición, rematou a cuadrilla “Os Veiga”. O terceiro posto do podio era para o equipo “Os da Baladoira” con 1.000 puntos. Destacar a alta participación con preto de 32 equipos e tamén os numerosos raposos avistados.

- Lugo

Por terras de Portomarín, máis de 180 raposeiros lucenses participaron na fase provincial na que revalidou o título o equipo “A Xesteira” con 1.500 puntos. “As Valiñas” e “Xermade” obtiveron a prata e o bronce, respectivamente, con 1.500 e 1.000 puntos.

- Ourense

Na provincia de Ourense, o equipo que resultou campión da proba foi “Lamela” que entraba en control con 1.000 puntos. O segundo posto foi para o equipo “Doble Cero” con 500 puntos.

Este campionato galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza