Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba
30/12/2024

VII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea Xunta de Galicia 

Un ano máis celebrábase, o pasado 28 de decembro, unha nova edición da Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea, nesta ocasión nos terreos da Sociedade de Cazadores Labrada e Montouto e da Sociedade Deportiva de Cazadores O Pereiro. A proba contou cunha moi boa participación, con 35 cans divididos en 2 baterías.

Dentro dun ano frouxo en xeral en canto á presencia desta migratoria na nosa comunidade e de que os presaxios non resultaban moi esperanzadores, puidéronse atopar 3 arceas nunha das baterías e 2 na outra que deron xogo e permitiron clasificar a un can por cada unha.

1º Exc. Seeker de Montemayor, SIM de Estaban Cambón Bértoa

2º MB Chispa de Vilar de Donas, SIF de Juan Carlos Arteche.

3º, sen entrar en clasificación, Naca de Castrocán, SIF de Jesús Blanco.

Mellor can novo, sen entrar en clasificación, Arno do Coto da Néboa, de Francisco Santiago.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza