Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas
23/12/2024

O pasado sábado 21 de decembro, o cazador Iván Ramos coa setter “Sira” acadaba o título de Campión Galego de Caza de Arceas ao ser o único partipante que entraba en control con duas capturas e obter así a maior puntuación.

Coa colaboración da Sociedade de Cazadores Santa Mariña tiña lugar o Campionato Galego de Caza de Arceas Xunta de Galicia baixo a organización da Federación Galega de Caza e que contou co Delegado de Arceas e Caza Menor, Pedro Martínez Ángel, como Director da Proba.

No concello lucense de Antas de Ulla, concretamente dende o Centro Xeográfico de Galicia, arrincaba esta fase final coa participación de 21 cazadores clasificados nos diferentes campionato provinciais que competiron polo título autonómico e o acceso dos tres primeiros clasificados ao Campionato de España da modalidade.

Ás 9:00 horas tomaban saída os cazadores baixo unha chuvia miuda que non impediu que os avistamentos de arceas fosen abundantes. Os númerosos disparos escoitados dende o control facía presaxiar unha xornada fructifera e así foi xa que os cazadores foron quen de mover 23 arceas ainda que a cota de capturas non foi tan acorde.

O deportista de Pontevedra, Iván Ramos Cabana coa setter “Sira” era o que entraba en control ao minuto de abrirse con duas capturas que lle reportaban 1.000 puntos e, á postre, o título de Campión Galego.

O coruñés Pablo Garaboa Oubel co can “Isco de Yelsar” obtiña o subcampionato con 500 puntos e entrando en control tamén o pouco de abrirse e con un cartucho gastado.

O bronce foi para terras de Ourense da man do cazador José Luis Méndez Tesouro que participou co setter “Sagu de Pacaxín” e obtivo 500 puntos, presentando unha vaina pero entrando en control máis tarde que Pablo Garaboa.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo remate a este Campionato Galego que pecha o calendario cinexético deportivo da Federación Galega de Caza neste ano 2024. 

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza