Utilizamos cookies de terceiros (Google Analytics) para rexistrar estatísticas de acceso a esta páxina.
Podes obter máis información visitando a nosa Política de Cookies.

Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación
02/12/2024

O pasado venres, 29 de novembro, tiña lugar no salón de actos da Federación Galega de Fútbol a asemblea xeral da Federación Galega de Caza na que, unha vez rematada, procedíase á entrega dos diplomas aos alumnos que superaron os diferentes Cursos de Formación desta edicción 2024. Uns cursos que, como en anos anteriores, foron organizados pola FGC e contaron coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 

A lectura da Acta anterior, informe de auditoría, orzamentos, normativa e calendario de compecticións e informes de presidencia foron, entreoutros, algúns dos puntos da orde do día que foron aprobados con plena unanimidade pola Asemblea.

Cursos Formación FGC 2024

Unha vez rematada a Asemblea tivo lugar o acto da entrega de Diplomas dos Cursos de Formación desta edición 2024. Un acto presentado por José Manuel Vidal Lamela, Director da Escola de Caza, e que contou coa presenza da Xefa Territorial de Medio Ambiente na Coruña, María Pilar Díaz Graña.

Esta entrega de Diplomas puxo o punto e final a Formación deste ano 2024 no que participaron máis de 200 alumnos nos diferentes cursos sobre responsables de sociedades de caza, prevención e seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e xestión dos residuos non comestibles.

Coa presenza de alumnos e relatores tanto a Xefa Territorial como o presidente da FGC, destacaron a vital importancia e compromiso dos cazadores galegos pola formación no eido cinexético e que quedou reflexado na alta participación así como na calidade dos cursos impartidos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XORNADA CANS DE CAZA
01/04/2025
Cazadores coruñeses implicados cos cans de caza

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza