A FGC participou con diferentes accións no Proxecto Coturnix destacando os primeiros anelamentos de paspallás acadados na provincia de Lugo no pasado mes de xullo no Tecor Terra Chá
Os cazadores españois están implicados na conservación das aves migratorias coa súa masiva participación en proxectos científicos postos en marcha desde o sector cinexético para coñecer o estado poboacional e obter información para a correcta toma de decisións de xestión sobre estas especies.
Así quedou demostrado durante a xornada ‘Retos e oportunidades na xestión de aves migratoria cinexéticas’, celebrada no Instituto da Enxeñería de España, en Madrid; organizada por Mutuasport e Fundación Artemisan; coa colaboración da Real Federación Española de Caza (RFEC), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA); a Junta de Extremadura, a Asociación de Enxeñeiros de Montes e o Instituto da Enxeñería de España. Na xornada participaron científicos, expertos, representantes de administracións públicas e de entidades do sector, entre os que se atopaba a FGC representada polo presidente Luis Eusebio Fidalgo e o secretario xeral José Moure.
No encontro presentáronse os resultados dos proxectos científicos desenvolvidos por Fundación Artemisan ‘Coturnix’ e ‘Zorzales’, postos en marcha por Mutuasport, coa colaboración da RFEC para o seguimento do paspallás e as distintas especies de zorzales; do proxecto PIRTE, financiado pola Junta de Extremadura e en colaboración coa Federación Estremeña de Caza para a recuperación da rula; e o Precinto Dixital de Caza, unha ferramenta desenvolvida por Fundación Artemisan para o Ministerio de Agricultura que se poñerá en marcha de forma inminente e contribuirá a asegurar o futuro da caza destas especies migratorias.
A principal conclusión da xornada é que a implicación dos cazadores é imprescindible para recompilar datos esenciais para mellorar o coñecemento destas especies, e que é necesario que as decisións de xestión a nivel autonómico, nacional e europeo tómense en base a estes datos científicos, obtidos con rigor, e non a outros intereses ou ideais.
Neste sentido, expertos e representantes do sector cinexético a nivel nacional destacaron a decisiva implicación dos cazadores federados nestes proxectos investindo no últimos catro anos, a través de Mutuasport, medio millón de euros para financiar estudos que se consideran vitais para a defensa da caza sostible. A esa achega económica súmase o esforzo que a caza social realiza, a través das federacións autonómicas de caza, achegando datos de seguimento e monitorización de especies coa colaboración do cazadores e sociedades de caza.
Por todo isto, a FGC pide a participación e colaboración de todos os cazadores galegos nestes proxectos e censos de especies migratorias e residentes. É esencial a obtención de datos para, ante os ataques a nosa actividade, dispoñamos de ferramentas científicas e información de rigor que acrediten a conservación e sustentabilidade da actividade cinexética sobre especies como o paspallás, arcea, etc.