Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas
O pasado sábado 23 de novembro os arceiros lucenses achegábanse ata o Tecor de O Corgo para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza O Corgo.
Baixo unhas extraordinarias condicións climáticas comenzaba esta xornada de caza de arceas. Unha xornada que arrincaba con moita incertidume no tocante á presencia ou non de arceas xa que o terreo de competición era moi favorable pero ata a data non se atisvaba entrada. Finalmente así e a caza desta migratoria e, polo de agora, non se atopa en cantidade nos montes galegos.
Foi o cazador Manuel Rodríguez Quiroga o que coa setter “Huma do Yelsar” era o primeiro cazador en facer entraba en control cunha arcea de un disparo, obtendo deste xeito o título de campión provincial. Con tamén 500 puntos pero en segunda posición remataba Iván Álvarez Céspedes co can “Lester de Riosmenudos”. Para coñecer o terceiro posto foi preciso a realización dun sorte no cal a fortuna quixo que Arturo Ledo Ramudo con “Gallaicus Bilbo” completase o podio.
Alberto Rey e Iban Rodríguez, xunto cos tres primeiros clasificados, conforman a selección lucense para o vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.
Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.