Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AFECTADOS DANA
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA
11/11/2024

A FGC, aparte de ser participe desta iniciativa da RFEC e Mutuasport, tamén vai poñer en marcha unha acción solidaria para facilitar as doazóns por parte dos cazadores galegos. Nos vindeiros días aportaremos información detallada a cazadores e sociedades de caza 

No día de hoxe, a Real Federación Española de Caza e Mutuasport entregaron esta cantidade para axudar a paliar os graves prexuízos humanos, económicos e materiais na Comunidade Valenciana e Castela a Mancha.

A Real Federación Española de Caza (RFEC), formada polas federacións autonómicas de caza, e Mutuasport, a mutua dos cazadores españois, doaron 24.000€ aos afectados pola DANA ocorrida recentemente en Comunidade Valenciana e Castela a Mancha.

Desta forma, 20.000€ irán destinados á Comunidade Valenciana e 4.000 a Castela a Mancha, que serán canalizados a través das federacións de caza das rexións afectadas, para poder comprar os materiais básicos e alimentos que máis necesitan nestes momentos os municipios afectados por esta traxedia: botas de auga, luvas, pas, escobas, cubos, fregonas, carreterillas, produtos de limpeza e alimentos non perecedoiros.

Desde a RFEC e Mutuasport faise un chamamento a todo o sector para que fagan as súas doazóns seguindo a senda iniciada por estas entidades e outras empresas que xa están a facer as súas achegas para axudar aos miles de persoas afectadas pola situación. “Os cazadores demostramos unha vez máis que estamos e estaremos sempre dispostos a axudar aos que máis o necesitan”, destacou o presidente da RFEC, Manuel Gallardo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XORNADA CANS DE CAZA
01/04/2025
Cazadores coruñeses implicados cos cans de caza

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza