Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can
O Tecor Cova da Serpe de Friol acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal resultou gañador Juan Antonio Pena Pillado co setter “Crack de la Cuevona” representando a Sociedade Terra Chá.
Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza de Lugo e desenrolouse, o pasado sábado 26 de outubro, nos montes do Tecor Cova da Serpe, grazas a sociedade de caza de Friol que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato.
A xornada comenzou cunha climatoloxía favorable para a caza e os participantes desfrutaron de lances ás patirroxas con maior ou menor fortuna pero sendo a deportividade e a camaradería a nota destacable deste campionato.
Con 1.100 puntos Juan Antonio Pena Pillado era o que obtiña a mellor puntuación e proclamábase campión provincial. En segunda posición e tamén con 1.100 puntos remataba Juan Carlos Rodríguez González co setter “Fofito”. Ivan Gay Cobas coa setter inglés “Sura” acadaba a terceira posición cunha puntuación de 1.000 puntos.
Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.