Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA COELLO
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello
16/09/2024

Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado 14 de setembro, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello. Proba que trascorreu nos terreos do Tecor Bergantiños Norte e foi organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza Venatoria de Bergantiños.

Con 64 cans inscritos correspondentes a 16 lotes arrincaba este campionato no que os participantes realizaron prestacións de enorme calidade grazas a unhas óptimas condicións climáticas así como unha boa densidade de coellos existentes nos campos de competición. 

A proba estivo dirixida por Ángel Casas Ferreiro e actuaron como xuíces: Oscar Esparís, José María Álvarez, Ramón Collazo e Secundino Carballo.

Foi o lote propiedade de José Antonio Fernández Alves o que acadaba o título provincial participando cos beagles “Hércules, Harry, Hermosa e Heide” e obtendo un total de 600 puntos. O subcampionato recaía en Daniel Bouzas Vázquez participando cos cans “Rex, Skay, Unal e Treson” e 590 puntos. O terceiro posto, con 550 puntos, era para o lote propiedade de José Manuel Méndez Campos cos seguintes cans “León, Boby, Chola e Luna”.

O beagle de nome “Skay” propiedade do subcampión Daniel Bouzas foi premiado como “Mellor Can da Proba” con 155 puntos.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza