CURSOS DE FORMACIÓN E SEGURIDADE DO CAZADOR
Como cada ano, a Federación Galega de Caza activa a súa aula virtual da Escola de Caza para convocar os cursos de Formación de Caza, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os cursos están dirixidos a directivos das sociedades de caza, responsables de cazarías, xestores cinexéticos, gardería, administrativos e, por suposto, a cazadores en xeral que desexen adquirir coñecementos tan importantes no eido da formación de responsables de sociedades de caza, prevención e seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e a xestión dos residuos non comestibles.
Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC, as 24 horas do día e os 7 días da semana, dende o día 1 ata o día 27 de outubro. Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación dende calquer punto de Galicia e nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades.
A matrícula é aberta e gratuíta, formalizarase enviando a escola@federaciongalegadecaza.com o boletín de matrícula dispoñible na web escoladecaza.gal e www.federaciongalegadecaza.com ou en calquera das sedes da FGC. O prazo de matrícula remata o 15 de setembro.
Apúntate!